Shakespeare en Roma

Director/a: Madeira, Rui. Barcala, María. Lago, Xúlio
Shakespeare en Roma
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5442-1
ISBN-13: 978-84-126233-4-5
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Positivas (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2023
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: Centro Dramático Galego (12)
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 141
Sinopse
Nº 12 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Shakespeare en Roma nace como unha oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica, a través da guerra, da violencia e da loita polo poder que guían o destino dos personaxes. Shakespeare, na súa prolífica obra, achegouse en catro ocasións ao mundo clásico cos textos Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coriolano (1609), catro pezas nas cales o autor sitúa a acción no Imperio Romano para, dende o seu tempo, reflexionar sobre o poder.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 13.50

Comparte