Lonxe, América. David Lamelas

Autor/a: LLano de Neira, Pedro. Bernárdes, Carlos L.. Herrera, Mª José
Lonxe, América. David Lamelas
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5474-2
Idiomas: Galego, Inglés
Edita: Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2023
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 336
Sinopse
David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Os Ánxeles, Nova York ou Berlín. A exposición que o CGAC lle dedicou en 2021 foi a súa primeira retrospectiva en España. Neste catálogo amósase a evolución do traballo de Lamelas a través de distintas etapas, desde os inicios a primeiros dos sesenta en Bos Aires ata o momento presente e, asemade, incídese en dúas cuestións importantes: a relación de Lamelas con Galicia (os seus pais emigraron desde Manzaneda e Castro Caldelas durante a Guerra Civil) e a importancia do proxecto e mais do debuxo na súa práctica artística ao longo de toda a súa carreira; ben sexa como debuxos autónomos, como sucede na serie Aleph (1986-1989), ou ben como medio para desenvolver unha idea, no ámbito escultórico, fotográfico, fílmico ou arquitectónico.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 40.00

Comparte