Manuel Murguía. Homenaxe

Editor/a literario/a: Liñares Giraut, X. Amancio
Manuel Murguía. Homenaxe
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5477-3
Idiomas: Galego
Edita: S.X. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2024
Temas: Historia, Arqueoloxía, Heráldica, Civilizacións, Cultura
Ilustracións: b/n
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 87
Sinopse
"Manuel Murguía. Homenaxe" é unha edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en conmemoración do centenario do falecemento do historiador e polígrafo Manuel Martínez Murguía (1833-1923). Na publicación faise un rescate dun fragmento do nº 246 de "Galicia" (“Revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires”, xuño, 1933), que recolle unha solemne homenaxe tributada a Murguía en Bos Aires, onde se inclúe como parte esencial a edición facsimilar da crónica dese evento, así como unha descrición e análise do contido da mesma. Este libro compleméntase cuns Anexos, que reproducen o Discurso de Manuel Murguía nos Xogos Florais de Tui (1891); o artigo “Manuel Murguía, o gran precursor”, de Francisco Fernández del Riego; Cronobiografía (de Teresa Monteagudo Cabaleiro e Luís Alonso Girgado) mais unhas ilustracións murguianas achegadas por Siro López.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 23.28

Comparte