Os actos e as profecías

Os actos e as profecías
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5492-6
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Positivas (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2024
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: O papel do teatro (15)
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 112
Sinopse
Número 15 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Os actos e as profecías inventa un universo arredor dos talent shows como espazo de xogo para falar da familia, das expectativas e das decisións vitais marcadas pola procura do éxito. Os talent shows conteñen moitas fendas vitais con potencialidade para amosar os puntos de fricción entre a vida e os soños, entre a vida desexada, soñada, idealizada e o presente. A necesidade de ser, de amosarse, de gañar, de triunfar. As urxencias da vida, dos coidados, as dificultades. A confrontación, en definitiva, dos soños propios co contorno. Mais no fulgor televisivo atopamos tamén unha invitación á celebración a pesar de todo. A sorrir e brillar e tirar para diante aínda que o chan estea abrindo baixo os nosos pés.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 15.00

Comparte