Lamazares. Inda é día (1973-2023)

Lamazares. Inda é día (1973-2023)
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5500-8
Idiomas: Castelán, Galego, Inglés
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2024
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa dura
Volumes: 1
Páxinas: 360
Sinopse
Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico galego. Coa axuda de múltiples voces chegadas de ámbitos tan diversos como a historia da arte, a crítica ou a poesía, o libro propicia unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Lamazares. Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. A súa pintura é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 65.00

Comparte