Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A música das árbores

Texto de presentación da actividade

Contos e cantigas desde o corazón dos nosos bosques.

Programa

Semana Cultural

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 06/08/2024 - 12:30

Lugar de celebración

CSC de Zas

Galego

Maxia para soñar

Texto de presentación da actividade

É un espectáculo sorprendente, para gozar en familia, onde o Ilusionista Mago Marco propón unha viaxe de soño e ilusións envoltas nun misterio. A proposta de Marco é a maxia clásica adaptada aos nosos tempos con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e o máis importante unha maxia interactiva en que o público é o grande protagonista.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

“Brincadeira pirata”

Texto de presentación da actividade

As famosas piratas Anne Bonny e Mary Read, reencóntranse coa súa tripulación de pequenas e pequenos filibusteiros. Xuntos vivirán unha nova aventura pirata para atopar un gran tesouro moi especial e coñecer moitos misterios da vida no mar e segredos graciosos dos clásicos Piratas

Programa

Verán no Pereiro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-12)

Duración

90 minutos

Sesións

Galego

Maxia divertida "Contamaxias"

Texto de presentación da actividade

Esta vez, O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!

Programa

Semana cultural

Galego

A maxia dos libros

Texto de presentación da actividade

Espectáculo de maxia (ilusionismo e mentalismo) dirixido a rapaces de 5 a 16 anos, divertido, lúdico, participativo e didáctico, que achegará a biblioteca e os libros a unha nova xeración de potenciais lectores, compartindo con eles e mostrándolles a maxia dos libros.

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NA BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (maiores de 5 anos)

Duración

60 minutos

Galego

Carlos Crespo e Kris K DJ

A música feita en Galicia e en galego está vivindo un momento de excepcional esplendor creativo e de receptividade por parte do público, especialmente da mocidade.

O obxectivo destas sesións é dar a coñecer e celebrar dun xeito ameno e festivo -ao mesmo tempo que a xente baila e se divirte- os principais expoñentes da actual música galega nos seus máis diversos estilos (pop, rock, rap, tradicional, electrónica…), así como aos grupos e artistas que os precederon nas últimas décadas e que foron abrindo camiño, posibilitando chegar ao status actual.

Galego

Ópera Break´s

Unhas xornadas baseadas na cultura urbana dirixidas á mocidade e presentadas en dous formatos diferentes; por unha banda un roteiro con 4 paradas onde terá lugar o espectáculo Ópera Break´s e, por outra banda, 4 xornadas participativas con talleres de rap, breakdance e estampación de camisetas.

Ópera Break´s é un espectáculo que mestura ópera, breakdance (novo deporte olímpico), beatbox e dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola.

Galego

Os Bolechas deportistas presentan Radiolímpica

O programa de dinamización lingüística no tempo do lecer FalaRedes trae os deportes á rúa no verán, cun espectáculo de monicreques dos máis queridos personaxes do público infantil e familiar, Os Bolechas.

Os Bolechas deportistas e a súa Radiolímpica é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.

Galego

Filipa cos contos 2024

Texto de presentación da actividade

"Filipa cos contos 2024". Oito anos levamos con Filipa e os cos contos e queremos seguir compartindo historias e música con todos, Nesta sétima tempada engadimos novos contos e dinámicas para toda a familia: títeres, contos tradicionais, populares, autoras/es galegos, inventados... música en directo, xogos... e moita participación do público. Filipa e Fran agárdanvos de novo. Vai ser "filipante"!

Galego

Cecilia e a súa boneca

Texto de presentación da actividade

Cecilia recibe unha carta moi especial dende o pais dos bonecos. Ingrid, a súa boneca, está atrapada e precisa axuda para converterse en humana... "Só por amor doutra humana conseguirás abrir as portas que te conducirán á liberdade"
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Público familiar)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 05/08/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo