O Consello de Arquivos de Galicia é o órgano colexiado consultivo de asesoramento, cooperación e participación en materia de arquivos, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á consellería con competencias en materia de cultura, tal como dispón o artigo 33.1 da Lei 7/2014, do 26 de setembro.
Funcíóns:
1. Emitir informe preceptivamente sobre:
a) Os regulamentos que se diten en desenvolvemento da Lei 7/2014, do 26 de outubro.
b) A incorporación dos arquivos ao Sistema de Arquivos de Galicia.
c) O réxime de protección dos bens considerados patrimonio documental de Galicia.
d) A declaración de bens do patrimonio documental como bens de interese cultural, así como a súa inclusión no catálogo ou no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.
2. Emitir informe sobre os plans relacionados coa política arquivística que pretenda aprobar a Xunta de Galicia.
3. Emitir informe sobre as normas técnicas básicas ás que deben adecuarse os sistemas de xestión documental dos arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia.
4. Propoñer actuacións e iniciativas para o mellor funcionamento do Sistema de Arquivos de Galicia, así como para a mellora e desenvolvemento dos procesos de dixitalización, accesibilidade en liña ao material cultural e conservación dixital.
5. Emitir informe sobre calquera asunto relacionado co dito sistema que se someta á súa consideración.