Aviso: Subvencións de 2015 para a promoción do talento audiovisual galego

Subvencións de 2015 para a promoción do talento audiovisual galego

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 31 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2015.

A dotación de 145.000 euros asignarase a impulsar a escrita e a produción de 13 proxectos en versión orixinal galega. En concreto, 25.000 euros serán para contribuír á escrita de cinco guións, 30.000 euros para a produción de cinco curtametraxes e 90.000 euros para a realización de tres longametraxes por directores noveis.

O prazo de presentación é desde o 9 de marzo ata o 8 de maio.

Estado de trámite: En trámite

Comparte