Aviso: Créase a Libraría Institucional da Xunta de Galicia

Créase a Libraría Institucional da Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG o Decreto 46/2015, do 19 de marzo, polo que se crea a Libraría Institucional da Xunta de Galicia.

A Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia, desenvolve a previsión constitucional de promover e tutelar o acceso á cultura de todas as persoas. Así mesmo, no seu artigo 11.4, establece que a Xunta de Galicia creará unha libraría institucional do Servizo de Publicacións da Xunta de Galicia, na cal se ofrezan todas as publicacións oficiais de calquera departamento ou organismo autónomo.

Na actualidade, en consonancia os textos legais referidos, enténdese como unha necesidade importante adecuar a xestión das publicacións institucionais aos recursos técnicos xerados, no que atinxe ás actividades de comercio electrónico, editoriais e bibliográficas, de maneira que a cidadanía de Galicia teña á súa disposición, dun xeito doado, o material xerado polos órganos de goberno autonómicos e as súas unidades e entidades dependentes.

Comparte