Aviso: Prezos de venda ao público de publicacións editadas por Cultura

Prezos de venda ao público de publicacións editadas por Cultura

Orde do 30 de marzo de 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala no seu artigo 6 a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes. Por este motivo, e logo de informe favorable da Consellería de Facenda, Cultura publica no Diario Oficial de Galicia:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído

Relatorio de publicacións:
 

– Céltiga. 1925-1926. 5,75 €.

– A universidade. Raíces e desafíos de futuro. 15 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro (XXV). Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro. 7 €.

– Álvaro Cunqueiro (1911-1981). 6,70 €.

– Croa. Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga (núm. 23, ano 2013). 11 €.

– A obra narrativa en galego de Fortunato Cruces. 7 €.

– Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. 16 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro XXVI. Rosalía na cobiza do lonxe. 5,60 €.

– Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía. 6,50 €.

– A restauración no museo. Criterios e intervencións. 10 €.

– Museo do Castro de Viladonga. 10 €.

– Sur le dandysme aujourd’hui. Del maniquí en el escaparate a la estrella mediática. 20 €.

– Mingos Teixeira. Galicia na alma. México no corazón. 13 €.

– Manual práctico de documentos administrativos e xurídicos. 15 €.

– Curso de linguaxe xurídica. Nivel superior. 12,32 €.

– Curso de linguaxe xurídica. Nivel medio. 12,32 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Cartas a Fermín Penzol. 7,70 €.

– Informe de literatura 2012 (CD). 8,20 €.

– Cadernos de fraseoloxía galega 15. 9,50 €.

Comparte