Aviso: Axudas do ICAA para a produción de curtametraxes sobre proxecto e realizados

Axudas do ICAA para a produción de curtametraxes sobre proxecto e realizados

O Boletín Oficial do Estado nº 89 do 14 de abril de 2015 publica a Resolución de 10 de abril de 2015 do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pola que se convocan para o ano 2015 axudas para a produción de curtametraxes sobre proxecto e realizados.

Prazo de presentación.– Iniciarase ao día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no BOE e finalizará o 5 de maio de 2015 para as cualificadas o 31 de maio de 2014 ata o 31 de decembro de 2014; para as cualificadas desde o 2 de xaneiro de 2015 ata o 30 de maio de 2015, o prazo finalizará o 9 de xullo de 2015.

Comparte