Aviso: XXI Certame de narración e debuxo infantil. Letras Galegas 2015.

XXI Certame de narración e debuxo infantil. Letras Galegas 2015.

Dúas convocatorias: local e provincial

Poden participar todos os nenos e nenas socios/as da Biblioteca de Lugo, en dous modalidades: Narración e Debuxo. E o tema escollido este ano é "Da ciencia á ficción": o home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.. Haberá 3 categorías: A -- nenos ata 8 anos, B -- nenos de 9 a 11 anos e  C --- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación para a fase local remata o 8 de maio e para a fase provincial o 29 de maio. A esta última só poderán presentarse os seleccionados nas bibliotecas municipais da provincia de Lugo.

Estado de trámite: En trámite

Comparte