Aviso: Inscrición na II Carreira Camiño das Letras

Inscrición na II Carreira Camiño das Letras

As secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura colaboran coa II Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva que se celebrará o sábado 16 de maio ás 17:30 horas na capital de Galicia, na véspera do día grande das Letras Galegas.

Cun percorrido de 8 quilómetros pola ruta xacobea desde A Lavacolla ata o Monte do Gozo, a carreira, organizada por Xurdir, combina o simbolismo do Camiño de Santiago e mais o seu atractivo cultural e turístico coa conmemoración do Letras Galegas, que este ano a Real Academia Galega lle dedica ao polígrafo e humanista pontevedrés Xosé F. Filgueira Valverde.

Inscrición
Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa cultural e deportiva poden inscribirse en www.carreirasgalegas.com ata o vindeiro 13 de maio ás 23:59 horas. A inscrición será gratuíta para as categorías de menores (pitufos, prebenxamín-benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).

Estado de trámite: En trámite

Comparte