Aviso: Licitación dos servizos do stand da Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016

Licitación dos servizos do stand da Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016

Publicación da resolución do 8 de maio, DOG de 26 de maio de 2015

O servizo obxeto do contrato é: deseño, construción, montaxe/desmontaxe, equipamento, transporte, almacenaxe, mantemento e servizos complementarios do stand da Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016.
O prazo de execución do contrato estenderase desde o día seguinte á sinatura do contrato ata o 19 de maio de 2016 (10 días despois da finalización da feira que se celebrará desde o 19 de abril ata o 9 de maio de 2016).
O orzamento base do proxecto é de 70.000,00€ IVE incluído (57.851,24€ + 12.148,76€ IVE). Este orzamento distribuiráse en 2 anualidades:

  • 2015: 15.000,00€.
  • 2016: 55.000,00€.

A garantia definitiva que se deberá presentar será o 5% do orzamento adxudicado, IVE excluído.

As ofertas deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, en sobre pechado.

O prazo para a presentación de proposicións abrangue desde o 27 de maio ata o 10 de xuño de 2015.

Estado de trámite: En trámite

Comparte