Aviso: Convocadas tres prazas para a formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
Convocadas tres prazas para a formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 16 de xuño de 2015 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir tres prazas para a formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.
Serán nos centros de estudos galegos localizados nas universidades de:
Universidade do País Vasco - Vitoria
The Queen’s College - Universidade de Oxford - Oxford - Reino Unido
Universidade de Birmingham - Birmingham - Reino Unido
Estado de trámite: En trámite