Aviso: Eliminación de humidades no conxunto catedralicio de Tui

Eliminación de humidades no conxunto catedralicio de Tui

Licitación polo procedemento aberto con pluralidade de criterios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 30 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de eliminación de humidades nas cubertas pétreas e nas fachadas do ciborio e espazos adxacentes no conxunto catedralicio de Tui (contratación documentalmente simplificada).

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Estado de trámite: En trámite

Comparte