Aviso: Convocada a praza para a dirección do Centro Dramático Galego (CDG)

Convocada a praza para a dirección do Centro Dramático Galego (CDG)

Provisión do posto de coordinador/a do departamento de produción teatral da Agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica do Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 14 de xullo de 2015 pola que se convoca a provisión do posto de coordinador/a do departamento de produción teatral da Agadic, ao que lle corresponden, entre outras funcións, a de exercer a dirección artística do Centro Dramático Galego (CDG).

Os candidatos/as teñen de prazo ata o 17 de agosto (30 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG) para presentar as súas solicitudes, que deberán vir acompañadas dun proxecto artístico para o ano 2016.

Estado de trámite: En trámite

Comparte