Aviso: Licitación de obras de reparación no conxunto das illas de San Simón e Santo Antón
Licitación de obras de reparación no conxunto das illas de San Simón e Santo Antón
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 27 de agosto de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de reparacións varias (humidades e saneamento) no conxunto das illas de San Simón e Santo Antón, en Redondela (contratación documentalmente simplificada).
Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Estado de trámite: En trámite