Aviso: Inscrición para a 9ª edición do pitching I+P Ideas para producir

Inscrición para a 9ª edición do pitching I+P Ideas para producir

Aberto o prazo ata o 18 de setembro

Clúster Audiovisual Galego (Clag) organiza a 9ª edición do pitching "I+P Ideas para producir" que se celebrará o vindeiro 29 de outubro en Santiago de Compostela, coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entre outras entidades.

O prazo de inscrición remata o 18 de setembro, data ata a que se poden enviar os formularios ao enderezo comunicacion@clag.es. O día 8 de outubro, o Clag comunicará os proxectos selecciondos para presentar no pitching.
 
O pitching "I+P Ideas para producir" componse dunha sesión matinal, na que se farán as presentacións dos proxectos (entre 10 e 12 minutos de exposición cada un) e unha sesión de tarde, na que se celebrarán os encontros one to one, a través dos cales os responsables das propostas poderán mater entrevistas persoais cos compradores para realizar unha exposición máis detallada.

Esta xornada profesional de exposición ou presentación de proxectos audiovisuais busca reunir empresas ou participantes individuais para o establecemento de alianzas empresariais de cara á coprodución. Doutra banda, para as producións xa nun estado máis avanzado, o I+P pretende facilitar o encontro con distribuidoras, programadores de antena e responsables de vendas internacionais para a comercialización.

Comparte