Aviso: Reise Nach Deutschland na Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Reise Nach Deutschland na Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Intercambio cultural en alemán, nivel medio

Aberto o prazo para inscribirse na actividade Reise Nach Deutschland, grupo para intercambio en alemán de coñecemento cultural. Tamén se ofrecerá información práctica de estudos universitarios/idioma, viaxes e requisitos de acceso ao mercado laboral en Alemaña.
• Datas: semanal, os venres dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro
• Horario: de 19 a 20 horas
• Prazas: 15
• Imparte: Mouhcine Boubker Sabri
• Dirixido a: maiores de 14 anos cun nivel mínimo B1 en alemán
• Lugar : sala de actividades da Biblioteca • Gratuíta
• Solicitudes: do 4 ao 24 de setembro mediante formulario na páxina web da biblioteca ou de forma presencial cubrindo un impreso no mostrador de préstamos e devolucións.

• Admisión por orde de solicitude. Reserva de 5 prazas para bilíngües ou nativos de fala alemana

Comparte