Aviso: Willkommen in Deutschland na Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Willkommen in Deutschland na Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Inmersión lingüística en alemán, iniciación

Aberto o prazo para inscribirse na actividade Willkommen in Deutschland, actividade de inmersión lingüística para principiantes en alemán. Ofrécese un primeiro contacto coa cultura e o idioma de Alemaña nun ambiente lúdico e dinámico.
•  Datas:  xoves alternos de outubro a decembro (8 e 22 de outubro ; 5 e 19 de novembro ; 3 e 17 de decembro)
•  Horario: de 19 a 20.30 h.
•  Imparte: Mouhcine Boubker Sabri
•  Dirixido a : maiores de 14 anos
•  Lugar : sala de actividades da Biblioteca
•  Gratuíta
• Solicitudes: do 8 ao 28 de setembro mediante formulario na páxina web da biblioteca ou de forma presencial cubrindo un impreso no mostrador de préstamos e devolucións.
Admisión por orde de solicitude.

Comparte