Aviso: Dispoñibles para descarga unidades didácticas sobre Xaime Quessada

Dispoñibles para descarga unidades didácticas sobre Xaime Quessada

 ‘O artista na aula e os nenos e nenas ao museo’ son un conxunto de materiais didácticos sobre Xaime Quessada, realizados por María Miguélez Vila para o alumnado de infantil, e editados pola Fundación Xaime Quesada Blanco, coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura.

A proposta didáctica conta cun caderno para o alumnado e outro, cunha información máis completa, para o profesorado.

Os materiais da unidade didáctica ‘O artista na aula e os nenos e nenas ao museo’, tanto o Caderno para o profesorado como o caderno de fichas para o alumnado, están dispoñibles no repositorio de contidos do Espazo Abalar e no web de Cultura da Xunta de Galicia. Así mesmo, Cultura e Educación colaborou cunha tiraxe inicial de 200 exemplares que se distribuirán polos centros educativos de Galicia.

Comparte