Aviso: Data, hora e lugar do terceiro exercicio do proceso selectivo no subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos
Data, hora e lugar do terceiro exercicio do proceso selectivo no subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos
30 de setembro, ás 16 horas, na aula 11 da EGAP
A Consellería de Facenda publica no DOG a Resolución do 14 de setembro de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 30 de setembro de 2015, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.