Aviso: Curso GNU/LINUX na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago
Curso GNU/LINUX na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago
mpartido por Rafael Rodríguez Gayoso, enxeñeiro informático, voluntario da Asociación de usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e do P
O curso está dirixido a maiores de 18 anos con amplos coñecementos na configuración dun sistema operativo (xestión de usuarios, configuración de dispositivos, instalación de programas); coñecementos básicos de programación e de configuración de redes locais.
Deberán traer unha memoria USB baleira e un teléfono móbil para comectarse á WI-FI. É imprescindible ter o carné de socio ou socia da Biblioteca cando remate o período de inscrición.
As sesións terán lugar os días 5, 6, 7, 8, 13 e 14 de outubro de 18:30 a 20:45 h e o 15 e 19 de outubro de 16:00 a 18:15 h nas salas de traballo en grupo do 3º andar.
Prégase presentarse 10 minutos antes do comezo de cada sesión. O prazo para anotarse comeza o 16 de setembro ás 8:30 h e remata o 1 de outubro ás 21:00 h, máximo 10 persoas.