Aviso: Declaración como ben de interese cultural da colección de arte de ABANCA Corporación Bancaria, S.A.
Declaración como ben de interese cultural da colección de arte de ABANCA Corporación Bancaria, S.A.
DECRETO 151/2015, do 8 de outubro
A colección de arte de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. está composta por un grupo de obras, especialmente pintura, pero tamén manifestacións doutras técnicas e materias, que son o resultado dun proceso intencional de provisión que se ben inicialmente estaba centrado nos artistas galegos, con posterioridade foi completando a colección con obras que, pola súa representatividade, simbolizan traxectorias e etapas da historia artística do país e mesmo do seu contexto internacional.
No seu conxunto, a colección amosa a evolución da arte galega, pero tamén o seu lugar no ámbito español e internacional, o que resulta de grande interese para a cultura galega e a súa definición.