Aviso: Declaración como ben de interese cultural da colección de arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación)
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Declaración como ben de interese cultural da colección de arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación)
Decreto 152/2015, do 8 de outubro
A colección de arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) conforma un patrimonio acumulado como o resultado de actividades de finalidade social de institucións galegas, e polo tanto a sociedade galega é a destinataria final dun patrimonio cultural que ela mesma, cos seus propios recursos e esforzos, creou, recoñecendo a formación dunha colección coherente, representativa e singular de arte galega, principalmente no relativo á pintura, moderna e contemporánea..