Aviso: Italiano, prosciutto e fantasía na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Italiano, prosciutto e fantasía na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Taller de italiano a través de “Venezia è un pesce” de Tiziano Scarpa.

Taller de italiano impartido por Fabiana Gastaldello. Baseado na obra de Tiziano Scarpa “Venezia è un pesce = Venecia es un pez” descubriremos varios aspectos da vida italiana e veneciana como son a cociña, o teatro, a cultura, as festas, as rúas e outros elementos da vida cotiá. Iremos á caza das palabras do texto (na lingua orixinal e tradución ao castelán) para crear e representar diversas situacións teatrais. Días de celebración: no mes de novembro: 17, 19 , 24 e 26; no mes de decembro: 1,3, 10, 15, 17. De 10:30 a 12:30 horas, días 15 e 17 de decembro: de 10:30 a  13 h., na sala de actividades. Prazas limitadas (20), inscricións mediante formulario na páxina web: 

Estado de trámite: En trámite

Comparte