Aviso: Modificación dos estatutos da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

Modificación dos estatutos da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés publica no DOG a modificación dos seus estatutos.

Iniciado pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés expediente de modificación do artigo 7 dos seus estatutos, segundo o acordo adoptado polo Pleno da Mancomunidade en sesión ordinaria que tivo lugar o día 13.10.2015, coa finalidade de incrementar a dous anos o mandato da Presidencia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co establecido no artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Comparte