Aviso: A Xunta remite ao Parlamento o anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia
A Xunta remite ao Parlamento o anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia
O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 13 de novembro de 2015 o anteproxecto de Lei do patrimonio do cultural de Galicia, logo de superar o trámite de audiencia e información pública, e de se someter aos informes sectoriais preceptivos.
O texto aprobado será elevado á Cámara autonómica para o seu debate e tramitación parlamentaria.
Substitúe á Lei do patrimonio de 1995, á de Protección dos Camiños de Santiago de 1996 e á de Traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de 1991. Durante o período de participación pública recibiu 484 alegacións de máis de 60 entidades. A lei busca implicar os Concellos na protección do patrimonio, regular novos tipos de patrimonio, endurecer o réxime sancionador e simplificar a lexislación e a xestión. Ademais, tamén prevé a creación de dúas materias, unha na ESO e outra no Bacharelato, para concienciar a mocidade da importancia de conservar o patrimonio.