Aviso: Curso de técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento no CCG

Curso de técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento no CCG

Do 23 ao 27 de novembro

O curso no Centro Coreográfico Galego está impartido por Lisvet Barcia Cabrera.

Lugar: A Coruña. Centro Coreográfico Galego (Complexo Deportivo de Elviña. Praza Agustín Díaz Sánchez, 1)
Datas: Do 23 ao 27 de novembro
Horario: De 10.00 a 13.00 h

DIRIXIDO A:
Bailaríns/as e estudantes de nivel medio-avanzado

INSCRICIÓN: 
Enviando o formulario (solicitude de matrícula) a formacion.ccg@xunta.es ata o 13 de novembro.

PREZO DA MATRÍCULA:
50 euros

LISVET BARCIA CABRERA:
Primeira bailarina cubana-española. Licenciada polo Instituto Superior de Arte (Cuba). Imparte clases en niveis de ensinanza elemental e superior. Como bailarina, traballou con diferentes compañías cubanas, entre as que destacan Danza Aberta e Danza Contemporánea de Cuba, formación esta última onde desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria artística e onde alcanzou o nivel de primeira bailarina. Lisvet interpretou as pezas de coreógrafos de talle internacional como Juan Kruz, Itsik Gallili, Jan Linkens, Rafael Bonachella, Pedro Ruiz, George Céspedes, Julio César Iglesias, Osnel Delgado, Susana Pous ou Carlos Acosta. Coas obras destes creadores, presentouse en importantes escenarios europeos e norteamericanos.

CONTIDOS:
O taller focalízase no estudo de varios aspectos técnicos como a respiración, as capacidades, habilidades e destrezas motoras, o ritmo e a calidade corporal, así como o manexo das capacidades motoras (elongación, flexibilidade, forza, etc). Todo iso baseado nas diferentes achegas á Técnica Cubana de importantes mestres cubanos como Ramiro Guerra, Eduardo Rivero ou Luis Roblejo, entre outros.

O taller constará de dous momentos. No primeiro deles, levarase a cabo unha clase de Técnica Moderna Cubana brindando un adestramento físico mediante exercicios de quecemento, alongamento e desenvolvemento no espazo, nos cales traballarase en relación ao centro, aos cambios de peso, verticalidade, liñas e formas. Mostrando como o uso do torso, o abdome, a rexión pelviana e as súas torsións, ondulacións e linguaxe estética forman parte esencial da nosa técnica.

Nun segundo momento, traballarase na incorporación dalgunhas das obras do repertorio da Compañía de Danza Contemporánea de Cuba para que os estudantes e bailaríns coñezan o traballo peculiar da compañía e as súas posibilidades interpretativas nunha integración de estilos e formas de facer.

Enderezo de inscrición:
Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña
Praza Agustín Díaz Sánchez, s/n
15008 A Coruña

Tel.: 981 134 946 / Fax: 981 138 294
Correo electrónico: actividades.ccg@xunta.es

Comparte