Aviso: Licitación do contrato de servizos de organización dos actos de Cultura nas feiras do libro internacionais no 2016

Licitación do contrato de servizos de organización dos actos de Cultura nas feiras do libro internacionais no 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Resolución do 16 de novembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada do gasto, do contrato de servizos de organización dos actos que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2016 (3 lotes) (contratación documentalmente simplificada).

Lote 1: Boloña.

Lote 2: Frankfurt.

Lote 3: Guadalajara.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte