Aviso: Convocatoria para a delegación audiovisual galega no European Film Market de Berlín de 2016

Convocatoria para a delegación audiovisual galega no European Film Market de Berlín de 2016

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG), participará no mercado de cine European Film Market de Berlín, que terá lugar entre os días 11 e 19 de febreiro de 2016.
 
A Agadic terá presenza no pavillón Cinema from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
 
Así mesmo, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos, correspondentes a unha persoa por compañía, que se deriven da acreditación no evento (modalidade market badge) , pasaxe de avión e 4 noites de aloxamento.

Como datas de referencia establécese a saída o venres 12 e o regreso o martes 16 de febreiro, con posibilidade de adaptalas ás distintas necesidades de axenda.
 

PROCEDEMENTO:
 
1) Comunicar a participación no correo (audiovisual.agadic@xunta.es) antes do 21 de decembro, para facer unha estimación de custes, da que se informará posteriormente.
 
 
2) Tramitar a acreditación a través do enlace:
 
https://www.efm-berlinale.de/en/services/registration/registration.html

 O 50% do custe da acreditación deducirase da cantidade a pagar por viaxe/aloxamento.

3) Contactar coa axencia de viaxes, onde se facilitará información sobre as condicións finais de vóos e  aloxamento e, se procede, realizar a reserva. Cómpre aboar a cantidade correspondente por parte de cada produtora para confirmar a devandita reserva.
 
 
 

Halcón Viajes
Rocío Fernandez Mato 
halconm77@halcon-viajes.es
Telf.: 981 56 43 50

 

 

Consulta de dúbidas e/ou solicitude de máis información no Departamento de Política Audiovisual da Agadic: teléfono de contacto:881 996 093

Comparte