Aviso: Oferta ás empresas editoras para que participen como entidades colaboradoras para dotar de novidades as bibliotecas municipais
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Oferta ás empresas editoras para que participen como entidades colaboradoras para dotar de novidades as bibliotecas municipais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 1 de marzo de 2016 (que pode consultarse no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160422/AnuncioG0164-110416-0003_gl.html ) para que as empresas editoras participen como entidades colaboradoras para dotar de novidades editoriais ás bibliotecas municipais.
A este respecto ponse en marcha un sistema de adquisición dos libros editados como novidades editoriais a través dunha plataforma dixital electrónica, que facilitará a imediatez da subministración do material bibliográfico ás entidades solicitantes.
Toas as entidades participantes deben ter a condición de editoras de libros e inscribirse na plataforma novidadeseditoriais.xunta.gal.
As novidades editoriais ofertadas deben cumprir cunha serie de requisitos como que sexan publicacións en lingua galega en formato impreso, que teñan unha primeira edición entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 1 de outubro de 2016, que non superen os 70 € (IVE incluído) de prezo de venda ao público, e que non sexan libros de texto.
A través da mencionada plataforma dixital tramitaranse os pedidos a cada unha das editoriais titulares de cada libro seleccionado polo concello respectivo, e serán as propias editoriais as que se encarguen do envío dos libros a cada solicitante, custos incluídos, nun prazo máximo de 15 días. Posteriormente, a Consellería -a través da Secretaría Xeral de Cultura- aboará ás editoriais os correspondentes pagos previa xustificación de gasto.