Aviso: Públicase a nova Lei do patrimonio cultural de Galicia

Públicase a nova Lei do patrimonio cultural de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

A lei do patrimonio cultural de Galicia pretende ser a base normativa fundamental na que se plasme o compromiso irrenunciable da Comunidade Autónoma de Galicia co seu patrimonio cultural en canto que eixo fundamental que lle dá sentido e significación. Este compromiso debe ser manifestación do exercicio da vontade política colectiva, consciente do valor material e inmaterial do recibido nesas mil formas que ao longo do tempo configuraron a identidade cultural galega e que hoxe lle outorgan a súa máis fonda proxección de futuro.

Esta multiplicidade adquire sentido na unidade histórica dun pobo recoñecido constitucional e estatutariamente como nacionalidade con dereito a exercer a súa autonomía con pleno respecto aos principios de unidade e solidariedade que cimentan o ordenamento xurídico propio dun estado social e democrático de dereito como o español.

Comparte