Aviso: Aberto o prazo de solicitude para participar no encontro formativo SeriesLab en Santiago de Compostela

Aberto o prazo de solicitude para participar no encontro formativo SeriesLab en Santiago de Compostela

Torino Film Lab abriu ata o 17 de outubro o prazo de solicitude do seu próximo encontro formativo SeriesLab, que na súa edición de 2017 conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación para o desenvolvemento do 18 ao 23 de xaneiro en Santiago de Compostela da primeira das tres residencias que inclúe a iniciativa.

Que é?
O obxectivo deste curso de catro meses é apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores de series de televisión a través de tres residencias dunha semana de duración e dúas sesións en liña. SeriesLab seleccionará nove proxectos europeos, ofrecéndolles aos seus equipos o apoio de recoñecidos profesionais do sector cara ao 'pitching' final que terá lugar en abril de 2017 en París no marco de foro internacional de coprodución Series Mania.

A quen está dirixido?
O programa diríxese a guionistas e directores profesionais dos países que participan no subprograma MEDIA de Europa Creativa. Todas as propostas deben ser inéditas (non presentadas con anterioridade en ningún 'workshop' ou evento da industria audiovisual).

Máis información, aquí.

Estado de trámite: En trámite

Comparte