Aviso: Convocatoria para a presentación de actividades ao catálogo de Ler conta moito 2017

Convocatoria para a presentación de actividades ao catálogo de Ler conta moito 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, co fin de favorecer os hábitos lectores do conxunto da cidadanía, vai desenvolver ao longo do ano 2017 o programa Ler conta moito na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Co fin de contar cun catálogo de actividades de dinamización da lectura para as bibliotecas que participan no programa, convócase a presentación de ofertas, de acordo coas seguintes bases que podedes consultar aquí

Estado de trámite: Resolto

Comparte