Aviso: Nomeamentos aos 7 monumentos máis ameazados en Europa
Nomeamentos aos 7 monumentos máis ameazados en Europa
Salvar o patrimonio cultural de Europa
En toda Europa hai lugares patrimoniais como monumentos históricos, sitios arqueolóxicos, lugares de culto, complexos industriais, parques históricos que están en perigo.
Esta iniciativa europea, apoiada polo programa de Europa Creativa da UE como parte do proxecto Europa Nostra, quere identificar monumentos e sitios en perigo e mobilizar a socios públicos e privados a nivel local, nacional e europeo para atopar un futuro viable para eses lugares. Non é un programa de financiamiento. Serve de catalizador para a acción.
A lista final dos 7 sitios patrimoniais máis ameazados de Europa anunciarase en febreiro de 2018 durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
As candidaturas poden ser presentadas polas organizacións membros e asociadas de Europa Nostra, así como por organismos públicos e privados establecidos que actúan no ámbito do patrimonio situado en países onde Europa Nostra aínda non está representada.
A data límite para a presentación de candidaturas é o 30 de xuño de 2017.