Aviso: Procura de socios para o proxecto europeo RICH. Renovación creativa do patrimonio cultural

Procura de socios para o proxecto europeo RICH. Renovación creativa do patrimonio cultural

Proposta do Ministerio de cultura da República de Eslovenia

INTERREG EUROPE - Terceira convocatoria 2017

O ministerio de Cultura de Eslovenia busca socios europeos para o proxecto RICH cuxo obxectivo xenérico é crear un modelo de financiamento público que incorpore as actividades das ICC ao patrimonio cultural tradicional. Trataríase de buscar novas formas de utilización e difusión do patrimonio cultural a través da asociación das ICC e os propietarios dos espazos do patrimonio cultural tradicional. Esta asociación beneficiaría a ambas as partes porque as ICC obterían unha importante fonte de inspiración e demanda dos seus produtos e, doutra banda, os espazos patrimoniais enriquecerían as súas actividades con propostas atractivas, facéndoas menos dependentes do financiamento público.

Accións a desenvolver:

- identificar os plans financeiros de apoio público ao patrimonio cultural e suxerir melloras

- cartografía das mellores prácticas na distribución de produtos das ICC

- identificar as ICC dentro dos territorios rexionais que estean dispostas a participar

- crear un diálogo entre as ICC e as institucións culturais de diferentes rexións para compartir ideas, visións, coñecementos e boas prácticas para comprender mellor as necesidades e oportunidades de cada un e buscar intereses comúns e obxectivos alcanzables

- recompilar, estruturar e medir os datos do análise micro económico con recomendacións sobre o futuro investimento público rexional

- elaborar plans de acción rexionais para fortalecer a cooperación das ICC e as institucións culturais, centrándose na distribución dos produtos das ICC

O perfil dos posibles socios sería o de entidades públicas ou privadas do sector cultural: administracións públicas, universidades, empresas, asociacións, clusters, etc.

Máis información sobre o proxecto e o programa europeo de apoio están nos documentos adxuntos 

Estado de trámite: En trámite

Comparte