Aviso: O Festival IKFEM ofrece clases maxistrais en instrumentos de teclado
O Festival IKFEM ofrece clases maxistrais en instrumentos de teclado
O Festival IKFEM (Eurocidade Tui - Valença ) ofrece masterclasses para músicos profesionais e para aqueles que pretendan iniciarse na música. Durante 5 días, os participantes reciben clases de piano clásico, órgano, clave, piano jazz e como novidades deste ano, de pianista repertorista para cantantes e repertorio barroco para piano.
O certame anima a que os alumnos participen en todas as masterclasses para así adquirir unha visión completa do instrumento, formación única que só o festival IKFEM ofrece. En catro edicións, participaron máis de 80 alumnos procedentes de 9 países diferentes.
Toda a información sobre cada especialidade, profesores, aloxamento e formulario neste enlace: http://www.ikfem.com/masterclasses