Aviso: Acórdase a inclusión do Cine Zárate, en Becerreá, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
Acórdase a inclusión do Cine Zárate, en Becerreá, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
A industria do cinema xerou na súa historia un patrimonio importante cunha influencia nas formas de ver e entender a vida dos cidadáns notable, que deu lugar á aparición dun significativo patrimonio cultural. Nos últimos anos este patrimonio converteuse en obxecto de estudo por parte de investigadores de diversos sectores disciplinares, que incorporan ao seu estudo tanto o mobiliario empregado na propia industria cinematográfica e as películas como as arquitecturas destinadas á produción e o goce delas.
A protección deste ben debe entenderse como un elemento de coñecemento da sociedade do pasado cuxa importancia non reside exclusivamente na súa singularidade material senón na súa implantación e impacto nun determinado lugar que nos permite coñecer a vida cotiá da sociedade que posibilitou a súa aparición, no contexto da presenza no mundo occidental dunha cultura do lecer, asociada ao crecemento dun sector económico e institucional. As particularidades técnicas que presenta o Cine Zárate deben valorarse xunto coa dimensión que toma o edificio ao implantarse no territorio que ocupa e como repercutiu na vida da sociedade mugardesa e na súa cultura, entendéndoo como un elemento da identidade local.