Aviso: Anuncio de licitación do servizo de desenvolvemento dun sistema para a recolleita colaborativa de elementos de toponimia

Anuncio de licitación do servizo de desenvolvemento dun sistema para a recolleita colaborativa de elementos de toponimia

No marco do proxecto 0358_GEOARPAD_1_E, do programa de cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP)

AMTEGA anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de desenvolvemento dun sistema para a recolleita colaborativa de elementos de toponimia. 

O obxecto da contratación é o deseño, desenvolvemento e posta en marcha do sistema de recolleita de elementos de toponimia (incluíndo microtoponima). Inclúese nesta actividade o deseño conceptual e tecnolóxico do sistema, a construción do sistema, integración cos compoñentes transversais corporativos de presenza na web e de sistemas de información xeográfica, participación na instalación nas contornas tecnolóxicas corporativas da Xunta de Galicia, a implantación e posta en marcha efectiva, adecuación e mellora do sistema durante o período de postimplantación, participación nas tarefas de implantación e difusión do uso do sistema. 

O prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 10 meses a contar a partir do 15 de novembro de 2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 10 meses computarase desde a data de formalización do contrato. 

O prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte