Aviso: Xornada informativa sobre Oportunidades para o Medio Rural

Xornada informativa sobre Oportunidades para o Medio Rural

Programas de financiamento europeos: Europa Creativa e Europa cos Cidadáns

O 12.12.2017 terá lugar en Madrid, organizado pola Rede Española de Desenvolvemento Rural e a Secretaria de Estado de Cultura, unha xornada informativa sobre as diferentes liñas de financiamento cultural que os programas europeos Europa Creativa e Europa cos Cidadáns ofrecen ao medio rural.

As manifestacións culturais, a diversidade, a construción de cidadanía, son aspectos que gañaron peso ao longo dos anos, converténdose nunha cuestión crave para o desenvolvemento sustentable e a cohesión social e, por tanto, nunha oportunidade para o desenvolvemento territorial. Por ese motivo, esta xornada está destinada a técnicos e xerentes dos Grupos de Acción Local, así como a técnicos municipais e Axentes de Desenvolvemento Local que traballen en municipios rurais.

A xornada terá lugar no Auditorio da Secretaría de Estado de Cultura (C/ San Marcos 40, Madrid).

Na documentación adxunta poden consultar o programa e realizar a inscrición.

Estado de trámite: En trámite

Comparte