Aviso: Anuncio de licitación do contrato de obras de acondicionamento e posta en valor do campamento romano da Cidadela
Anuncio de licitación do contrato de obras de acondicionamento e posta en valor do campamento romano da Cidadela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de obras de acondicionamento e posta en valor do campamento romano da Cidadela, no concello de Sobrado dos Monxes. As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80%), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
As obras terán un prazo máximo de execución de tres meses e un orzamento de 60.360,53 euros, sen IVE, e de 73.036,24 euros, IVE incluido.
As propostas terán como data límite de presentación o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.