Aviso: Aberta a inscrición nos Clubs de lectura 2014-2015 da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Aberta a inscrición nos Clubs de lectura 2014-2015 da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha a nova etapa dos Clubs de lectura.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade preténdese seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector

CLUBS DE LECTURA  (OUTUBRO 2014 / XUÑO 2015)

- GALEGO :  Martes alternos de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas)

- PORTUGUÉS:  Luns  alternos de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas)

- INGLÉS : Martes alternos  de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas)

- CASTELLANO: Todos os mércores de  17:00 a 18:00 h. (15 prazas)

PRAZO DE INSCRICIÓN: 

-  Do 15 de setembro  ata cubrir as prazas

-  De 9:00 a 21: 00 h. 

-  Por teléfono de 9:00 a 14:00 h.

-  Por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es Enviando un correo electrónico abiblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos:  Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.  Se non é usuario terá  que facer o carné.

 

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte