Aviso: Formalizado o contrato para executar obras no conxunto catredalicio de Tui
Formalizado o contrato para executar obras no conxunto catredalicio de Tui
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a Resolución do 26 de agosto de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras na Torre de Santo André e no Pazo da Contadoría. Ambas forman parte do conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra).
As obras foron adxudicadas o 1 de agosto de 2014 a Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A. e a data de formalición do contrato, que agora se fai pública, foi o 19 de agosto do mesmo ano. O importe de adxudicación é de 142.148,76 €, IVE excluído.
Segundo recolle a resolución, a oferta económica de Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A. foi a máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Estas obras son potencialmente financiables polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013