Aviso: Incoado o expediente para declarar BIC a Ribeira Sacra coa categoría de paisaxe cultural
Incoado o expediente para declarar BIC a Ribeira Sacra coa categoría de paisaxe cultural
Ábrese un período de información pública para poder propoñer achegas ao contido do expediente
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incoa como ben de interese cultural coa categoría de paisaxe cultural a Ribeira Sacra, segundo a resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG 246, do 29 de decembro de 2017), como o primeiro paso para o recoñecemento do valor cultural sobranceiro deste territorio. O procedemento de incoación tamén inclúe outros bens e manifestacións do patrimonio cultural material e inmaterial relacionados.
A Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural que reúne todas as características para ser considerada non só dun valor sobranceiro para a identidade do pobo galego ao longo do tempo, senón un exemplo significativo de valor universal.Co fin de protexer os seus valores excepcionais e de encamiñar a actividade pública para a súa salvagarda e difusión, así como para establecer os parámetros que garantan a conservación dos seus valores compatibles co desenvolvemento das actividades sociais, económicas, culturais ou de lecer que nela se desenvolvan, estímase que debe procederse ao recoñecemento da Ribeira Sacra como ben de interese cultural, coa categoría de paisaxe cultural, xunto coa relación doutros bens e manifestacións que completan o seu sentido e valor cultural, así como establecer unha zona de amortecemento como medida adicional e reforzo das condicións para a súa salvagarda.
Coa incoación do procedemento ábrese un período de participación pública de tres meses, ata o 30 de marzo de 2017, co fin de que se poida nutrir e enriquecer os seus contidos e mesmo axudar a unha mellor precisión e un máis axeitado recoñecemento dos seus valores.