Aviso: A Fundación Blanco Amor, clasificada de interese cultural
A Fundación Blanco Amor, clasificada de interese cultural
Orde do 15 de febreiro de 2018 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Eduardo Blanco Amor, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Os fins da fundación son a conservación, difusión, promoción e tradución da obra de Eduardo Blanco Amor e o seu legado, facendo especial fincapé nos fondos bibliográficos (arquivo e publicación da biblioteca do escrito) propiedade da Deputación de Ourense, desde o 7 de maio de 1983; a promoción de actividades de estudo e investigación nos campos da literatura, o xornalismo, a lingua galega, as artes, a fotografía e os estudos históricos e políticos abordados polo autor e polos investigadores da súa obra; a dinamización e difusión sociocultural de todo o relacionado con Eduardo Blanco Amor, especialmente na provincia de Ourense, en Galicia, España e países de América relacionados co escritor; e a potenciación e difusión da cultura e da realidade social, sobre todo da época do escrito, en Ourense, Galicia, en xeral, e no exterior, e a colaboración con entes públicos e privados con fins semellantes.