Aviso: Integración da Axencia de Lectura Municipal de Parada de Sil na Rede de Bibliotecas de Galicia

Integración da Axencia de Lectura Municipal de Parada de Sil na Rede de Bibliotecas de Galicia

A Consellería de de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolve a integración da Axencia de Lectura Municipal de Parada de Sil na Rede de Bibliotecas de Galicia.

A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Comparte