Aviso: Xornada sobre a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

Xornada sobre a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

Destinada á Policia Autonómica e Garda Civil

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia organiza o día 19.04.2018 na Sala Itinere da Hospedería de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural destinada á Policia Autonómica e Garda Civil. Os obxectivos xerais da xornada son:

  1. Continuar co traballo de sensibilización e coordinación cos diferentes colectivos implicados na cadea de protección do noso patrimonio. Traballo que iniciamos coa xornada destinada a maxistrados, xuíces e fiscais que tivo lugar o pasado ano. 
  2. Crear un espazo de diálogo entre a administración da Xunta de Galicia e os corpos de seguridade con competencia na materia no que reflexionar, debater, suxerir e mellorar os protocolos de actuación. 

Esta segunda xornada de sensibilización terá continuidade con outras dirixidas os demais colectivos implicados na proceso de vixilancia e protección do patrimonio cultural, como son a Administración Local e a Igrexa.

O programa da xornada é o seguinte:

09.30 h Apertura da xornada. Jesús Oitavén Barcala, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

10.00 h O réxime de protección

Isabel Novo Castro, asesora xurídica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

Dolores Rivera Frade, maxistrada da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

11.30 h Rolda de preguntas

12.00 h Pausa café

12.15 h Os camiños de Santiago. Antonio Díaz Otero, xefe de servizo de Protección e Fomento do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

13.00 h O procedemento sancionador. Henrique Salas Ellacuriaga, xefe de sección de Protección do Patrimonio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

13.45 h Rolda de preguntas

14.30 h Xantar

16.00 h Os delitos sobre o patrimonio. O comercio ilícito. Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio ambiente, Urbanismo, Patrimonio e Incendios de Galicia

16.45 h Rolda de preguntas

17.00 h Protección do Patrimonio arqueolóxico. María Luísa Pérez Rodríguez, arqueóloga da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

17.45 h Rolda de preguntas

18.00 h Peche da xornada. María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

18.15 h Visita guiada ao Museo e ás cubertas da Catedral de Santiago

Estado de trámite: En trámite

Comparte