Aviso: Resolta a convocatoria de axudas para a dinamización da lectura en bibliotecas e axencias de lectura

Resolta a convocatoria de axudas para a dinamización da lectura en bibliotecas e axencias de lectura

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de maio de 2018 publícase a resolución das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

O orzamento destinado a estas axudas é de 195.000 euros. 

Dos solicitantes, quedaron excluídos sete concellos e unha fundación, por non estar integradas as súas bibliotecas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, non ser de titularidade pública ou non cumprir con outros elementos da convocatoria. Tras a publicación da resolución ábrese un prazo de dous meses para interpor recursos. 
 

Estado de trámite: Resolto

Comparte